Karel Kodejška, nado en Lomnice nad Popelkou o 20 de marzo de 1947, é un ex saltador de esquí checo, que representou a Checoslovaquia.
Traxectoria
Comezou a competir en 1968 en Oberstdorf quedando no posto 30. Foi medalla de bronce no Campionato do Mundo de Salto de Esquí en 1973 e campión do mundo en 1975. Foi 6º no Campionato do Mundo de Esquí Nórdico de 1974 en Falun. Retirouse da competición en 1976 dedicándose a adestrar novos valores en Liberec como Pavel Ploc,Jaroslav Sakala ou Jiří Malec. Despois da Revolución de Veludo foise a vivir a Praga traballando na Academia de Ciencias da República Checa