KNM Maud (A530)
|
|
Historial
|
|
Estaleiro
|
Daewoo Shipbuilding & Marine Engineering Corea do Sur
|
Clase
|
Clase Maud
|
Tipo
|
Aegir
|
Operador
|
Armada Real de Noruega
|
Autorizado
|
15 de decembro de 2015
|
Botado
|
4 de xuño de 2016
|
Asignado
|
novembro de 2018
|
Viaxe inaugural
|
29 de marzo de 2019
|
Características xerais
|
Desprazamento
|
27 500 toneladas
|
Eslora
|
183 m
|
Manga
|
25,9 m
|
Puntal
|
8,62 m
|
Propulsión
|
Diésel Hibrida (CODLOD) 2 × 7500kW Wärtsilä motores principais 2 × 3170kW Wärtsilä diésel xeradores 2 × 1000kW Wärtsilä propusores de proa
|
Velocidade
|
18 nós
|
Autonomía
|
10 000 millas náuticas
|
Tripulación
|
43 persoas (+116 aloxadas)
|
Aeronaves
|
2 x NH90
|
Equipamento aeronaves
|
Cuberta de voo a popa e hangar para un helicóptero.
|
IMO: 9703916 MMSI: 257092200 Sinal de chamada: LBEB Sociedade de clasificación: Det Norske Veritas
|
O KNM Maud (A530) é un buque loxístico para a subministración de armamento e equipamento para a Real Armada de Noruega. É o buque de maiores dimensións e peso morto das forzas navais de Noruega.
En 2013 o goberno noruegués abriu unha oferta para a construción dun buque loxístico por un orzamento de 150 millóns de euros ao que se presentaron 13 estaleiros. O concurso quedou baleiro xa que ningunha das ofertas chegaba a cumprir os requirimentos técnicos por ese prezo.[1] Na segunda volta presentáronse cinco estaleiros: Bergen Group, Hyunday Heavy Industries, Daewoo, DCNS, Fincantieri e Navantia, baixáronse os requirimentos. O contrato foi adxudicado ao deseño Aegir 18A de Daewoo xa que Navantia superaba en 30 millóns de euros o orzamento.[2]
O proxecto leva varios atrasos acumulados e a última data para a entrega do buque está pendente a finais de 2018.
Notas
Ligazóns externas