KK Cedevita Olimpija
Cedevita Olimpija
|
|
Información xeral
|
Nome
|
Košarkarski klub Cedevita Olimpija
|
Liga
|
1. SKL / ABA
|
Alcume
|
Zmaji (Dragóns)
|
Fundación
|
2019
|
Cores
|
Verde, laranxa
|
Presidente
|
Emil Tedeschi
|
Adestrador
|
Jurica Golemac
|
Localización
|
Cidade
|
Liubliana, Eslovenia
|
Pavillón
|
Arena Stožice
|
Capacidade
|
12 480
|
Inauguración
|
10 de agosto de 2010
|
Campionatos
|
Liga
|
2 (2021, 2022)
|
Copa
|
1 (2022)
|
Supercopa
|
2 (2020, 2021)
|
cedevita.olimpija.com
|
- Non confundir con KK Cedevita ou KK Olimpija.
O Košarkarski klub Cedevita Olimpija, usualmente coñecido como KK Cedevita Olimpija ou simplemente Olimpija, é un club de baloncesto profesional con sede en Liubliana, Eslovenia. O club compite na Liga de Eslovenia, na ABA Liga (Liga do Adriático), así como na EuroCup. O club foi fundado en 2019 tras a fusión do club esloveno máis exitoso, o KK Olimpija, e o destacado equipo croata KK Cedevita. O Cedevita Olimpija herdou 70 trofeos dos dous antecesores e as súas licenzas de competición.
Historia
O KK Cedevita Olimpija é o resultado da fusión de dous clubs de países veciños, o esloveno Olimpija de Liubliana e o croata Cedevita de Zagreb. A historia do Olimpija remóntase a 1946. O club foi unha das primeiras potencias da Liga Iugoslava con Ivo Daneu liderando a seis títulos domésticos entre 1957 e 1970. Despois da independencia de Eslovenia en 1991, Olimpija gañou dez dos once campionatos entre 1992 e 2002. A nivel europeo tamén gañara a Recopa de Europa na temporada 1993–94, alén de ter disputado en tres ocasións a Final Four da Copa de Europa, a última en 1997 da man Arriel McDonald e Marko Milič. A nivel doméstico, despois da independencia eslovena, o Olimpija conseguiu un total de 17 Ligas e 20 Copas.
Por outra banda, o Cedevita posuía nas súas vitrinas de cinco campionatos de Liga e sete torneos de Copa. O club fora fundado en Zagreb en 1991 como KK Botinec, chegando por vez primeira á máxima categoría en 2002. As súas ambicións do equipo aumentaron cando Atlantic Grupa asumiu a dirección do club en 2005, mudando o seu nome a Cedevita. O Cedevita chegou a debutar na Euroliga na temporada 2012-13.
O 4 de xuño de 2019, anunciouse a intención de ambos clubs de fuisonarse e formar o Cedevita Olimpija, un novo club de baloncesto profesional con sede en Liubliana.[1] O 13 de xuño, os consellos de administración de Cedevita e Olimpija confirmaron o nomeamento de Davor Užbinec como director xeral e Sani Bečirovič como director deportivo, sendo o novo club estabelecido oficialmente o 8 de xullo. O KK Cedevita continuou competindo co nome de Cedevita Junior, regresando á máxima división do baloncesto croata na temporada 2020−21.
Xogadores
Dorsais retirados
Ambos dorsais retirados corresponden a xogadores do KK Olimpija.
Adestradores
Palmarés
Liga
Copa
Supercopa
Palmarés herdado
Despois da fusión, o novo club obtivo o dereito aos trofeos dos dous clubs predecesores.[2]
Honours
|
No.
|
Years
|
Liga nacional – 28
|
Liga de Iugoslavia (1946–1991)OL |
Campións |
6 |
1957, 1959, 1961, 1962, 1966, 1970
|
Liga de Eslovenia (1991–2019)OL |
Campións |
17 |
1992, 1993, 1994, 1995, 1996, 1997, 1998, 1999, 2001, 2002, 2004, 2005, 2006, 2008, 2009, 2017, 2018
|
Liga de Croacia (1991–2019)CZ |
Campións |
5 |
2014, 2015, 2016, 2017, 2018
|
Copa nacional – 27
|
Copa de Eslovenia (1991–2019)OL |
Campións |
20 |
1992, 1993, 1994, 1995, 1997, 1998, 1999, 2000, 2001, 2002, 2003, 2005, 2006, 2008, 2009, 2010, 2011, 2012, 2013, 2017
|
Copa de Croacia (1991–2019)CZ |
Campións |
7 |
2012, 2014, 2015, 2016, 2017, 2018, 2019
|
Supercopa nacional – 10
|
Supercopa de Eslovenia (2003–2019)OL |
Campións |
8 |
2003, 2004, 2005, 2007, 2008, 2009, 2013, 2017
|
Supercopa de Croacia (2011–2015)CZ |
Campións |
2 |
2011, 2015
|
Competicións rexionais – 4
|
Liga do Adriático (2001–2019)OL |
Campións |
1 |
2002
|
Liga Centro Europea (1992–1994)OL |
Campións |
2 |
1993, 1994
|
Supercopa do Adriático (2017–2018)CZ |
Campións |
1 |
2017
|
Competicións europeas – 1
|
Copa Saporta (1966–2002)OL |
Campións |
1 |
1994
|
- Notas
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas
|
|