Körkalen |
---|
|
Ficha técnica |
---|
Director | Victor Sjöström |
---|
Produtor | Charles Magnusson |
---|
Guión | Victor Sjöström |
---|
Baseado en | Körkalen, de Selma Lagerlöf |
---|
Intérpretes | Victor Sjöström Hilda Borgström Tore Svennberg |
---|
Fotografía | Julius Jaenzon |
---|
Distribuidora | AB Svensk Filmindustri |
---|
Estrea | 1 de xaneiro de 1921 |
---|
Duración | 104 min |
---|
Orixe | Suecia |
---|
Na rede |
---|
|
Körkarlen é un filme mudo sueco de 1921. Foi dirixido por Victor Sjöström, baseado na novela homónima da gañadora do premio Nobel Selma Lagerlöf.
Argumento
No día de fin de ano, Edit, unha rapaza moribunda do Exército de Salvación ten un último desexo: falar con David Holm. David, un alcohólico, está nun cemiterio con dous amigos tamén bébedos, falando da lenda do carro da morte, segundo a cal a derradeira persoa que morre nun ano ten que traballar coa Morte carretando as almas dos falecidos no ano seguinte.
Un amigo de Edit atopa a David, pero el négase a acompañalo onda Edit. A situación acaba nunha pelexa na que David é asasinado accidentalmente cando o reloxo dá as doce, momento en que aparece o carro da morte. Mentres a alma de David abandona o seu corpo, o condutor do carro, un antigo amigo de David, lembra a súa vida e a do defunto, antes feliz.
Personaxes
- Victor Sjöström como David Holm
- Hilda Borgström como Anna Holm
- Tore Svennberg como Georges
- Astrid Holm como Edit
- Concordia Selander como a nai de Edit
- Lisa Lundholm como Maria
- Einar Axelsson como o irmán de David
- Nils Aréhn
- Olof Ås
- Tor Weijden
- Simon Lindstrand
- Nils Elffors
Véxase tamén
Ligazóns externas