Justo Villanueva

Modelo:BiografíaJusto Villanueva

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(es) Justo Villanueva Gómez Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento17 de maio de 1893 Editar o valor en Wikidata
Corcubión, España Editar o valor en Wikidata
Morte21 de febreiro de 1952 Editar o valor en Wikidata (58 anos)
Madrid, España Editar o valor en Wikidata
Deputado nas Cortes republicanas
11 de marzo de 1936 – 2 de abril de 1936

Circunscrición electoral: Ourense
Deputado nas Cortes republicanas

2 de decembro de 1933 – 7 de xaneiro de 1936

Circunscrición electoral: Ourense
Deputado nas Cortes republicanas
11 de xullo de 1931 – 9 de outubro de 1933

Circunscrición electoral: Ourense
Catedrático de universidade
Editar o valor en Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Madrid Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónavogado, xurista, político, catedrático Editar o valor en Wikidata

Justo Villanueva Gómez, nado en Corcubión o 17 de maio de 1892 e finado en Madrid o 21 de febreiro de 1952,[1] foi un avogado, xurista e político galego.

Traxectoria

Catedrático de Dereito político das universidades de La Laguna (1922), Santiago de Compostela, Sevilla e Valladolid.

Foi militante do Partido Republicano Radical, e na súa representación elixido deputado pola provincia de Ourense nas eleccións a Cortes Constituíntes de 1931, nas eleccións xerais de 1933 e nas eleccións xerais de 1936. Nestas últimas, foi considerado inicialmente como deputado (quedara en noveno lugar, o último da circunscrición en votos), pero a Comisión de Actas anulou a súa elección o 2 de abril ao non computarse como válidos un total de 106.000 votos por diversas irregularidades.

Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 refuxiouse en Portugal. Foi depurado e separado da súa cátedra o 24 de setembro de 1937; en 1939 foi sometido ao Xulgado de Responsabilidades Políticas. Foi rehabilitado o 16 de febreiro de 1952.

Vida persoal

Casou con María Isidora Lázaro de Diego. Foi tío do tamén político ourensán Ángel Villanueva Cendón.

Notas

  1. Necrolóxica en ABC, 20-2-1953, p. 39.

Véxase tamén