Julián Antonio Troncoso Montero, finado en agosto de 1984, foi un político galego, alcalde de Mondariz-Balneario entre 1970 e 1983.
Traxectoria
Foi designado alcalde o 24 de xullo de 1970, e permaneceu no posto ata a convocatoria das primeiras eleccións democráticas trala ditadura. Presentouse como candidato á alcaldía pola UCD e gañou as eleccións de 1979. Permaneceu como alcalde durante a primeira lexislatura.
Vida persoal
Tivo seis fillos, entre eles a coreógrafa Coral Troncoso.
Véxase tamén
Outros artigos