Julián Sánchez Bort Nacemento 1725 Cuenca Morte 31 de agosto de 1781 Cádiz País de nacionalidade EspañolaOcupación Arquitecto, enxeñeiro, militar Obras destacables
Julián Sánchez Bort nado en Cuenca en 1705 e finado o 31 de agosto de 1781 na Isla de León, Cádiz , foi un militar, enxeñeiro e arquitecto español. Traballou en diversas cidades de Galiza e España . Súa é a fachada da catedral de Lugo e Ferrol . Traballou nos arsenais de Ferrol , Cartaxena e La Carraca , Cádiz, no século XVIII .
Traxectoria
Concatedral de San Xiao, Ferrol.
Estudou na Universidade de Orihuela e comezou a traballar en Murcia na década de 1740 . Percorreu durante case dous anos cidades e portos nos Países Baixos , Francia e Flandres para formarse en enxeñaría hidráulica . Completou formación na Real Academia de Belas Artes de San Fernando .
Desde 1754 participou nas obras da base naval de Ferrol durante case vinte anos. En 1771 marcha a Navarra e, tras percorrer distintos destinos e ocuparse de diferentes obras da Coroa, en 1777 é destinado a La Carraca, Cádiz.
Ferrol adicoulle o seu nome a unha rúa do ensanche.
Véxase tamén
Bibliografía
Ligazóns externas