Julián Sanz Martínez, finado en París o 25 de decembro de 1890, foi un militar e historiador galego.
Traxectoria
Afiliado ao Partido Republicano dende 1868. Pertenceu ao primeiro batallón republicano que se formou en Madrid co nome Tiradores del Principal segunda compañía, e despois pertenceu ao batallón Guías de la República. Participou na guerra carlista e foi admitido no Exército.[1] Perseguido polas súas ideas políticas, foi desterrado a Canarias e despois a Madrid. Foi correspondente na Coruña dos periódicos madrileños La Correspondencia e Ilustración Militar.[2] Chegou a alférez oficial terceiro de seccións de arquivo. Amigo e subordinado de Emilio Prieto Villarreal e partidario de Ruiz Zorrilla, participou na sublevación republicana do 19 de setembro de 1886 encabezada por Manuel Villacampa del Castillo. Logo do seu fracaso exiliouse en Francia e morreu en París o 25 de decembro de 1890.[3]
Obras
- Reseña histórica de la batalla de Bailén, 1879.
- Resumen histórico-militar de la Guerra de la Independencia española de 1808 á 1814 (4 vol.), 1881-1882.[4]
- Batalla de Waterloo, 1883.
Notas