Julián Martínez Larrán, nado en Vigo o 17 de maio de 1928 e finado na mesma cidade o 13 de maio de 2009, foi un avogado e político galego.
Traxectoria
Estudou nos Maristas de Vigo e Lugo. Licenciado en Dereito pola Universidade de Deusto. Foi profesor de Dereito Mercantil e Dereito Procesal na Escola San Raimundo de Peñafort de Vigo. Foi membro da Unión Democrática Española e presidiu o IV congreso de AP en Galicia. Foi elixido parlamentario pola provincia de Pontevedra nas primeiras eleccións autonómicas por Alianza Popular. Pertenceu ao Consello Social da USC (1987-1992). Finou en Vigo o 13 de maio de 2009.[1]
Notas
- ↑ Faro de Vigo, 13-5-2009, p. 58.
Véxase tamén
Bibliografía