Julián Lucas Ramírez

Modelo:BiografíaJulián Lucas Ramírez
Biografía
Nacemento1949 Editar o valor en Wikidata (75/76 anos)
Alcalde
Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico Editar o valor en Wikidata

Julián Lucas Ramírez, nado en Cuenca en 1949, é un político galego do PPdeG.

Traxectoria

Funcionario, traballou en Cuenca en Industria. Trasladouse a Galicia en 1971. Instalouse en Cutián. Foi concelleiro do Concello de Cesuras. En 2008, logo do falecemento do alcalde José Ferreiro Pardiñas, foi elixido alcalde de Cesuras. Nas eleccións municipais de 2011 encabezou a candidatura do PPdeG á alcaldía de Cesuras e foi elixido alcalde con maioría absoluta. O 3 de maio de 2013 presentou a súa dimisión[1].


Predecesor:
José Ferreiro Pardiñas
 
Alcalde de Cesuras
 
2008 - 2013
Sucesor:
-

Notas

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas