Julio César Britos Vázquez, nado en Montevideo o 18 de maio de 1926 e finado o 27 de marzo de 1998, foi un futbolista e adestrador uruguaio, que xogaba de extremo dereito.
Foi internacional coa selección do Uruguai e membro do equipo que gañou a Copa do Mundo de 1950, aínda que non chegou a xogar no torneo.[1]
Traxectoria
Como futbolista
Militou durante varios anos no Peñarol, club co que gañou tres veces o campionato de Primeira División do Uruguai. En maio de 1953 fichou polo Real Madrid,[2] onde apenas tivo protagonismo. Disputou só 3 partidos oficiais en dous anos no club branco, co que gañou a liga na súa primeira tempada. Marcou dous goles, ante Osasuna no seu debut oficial e ante o Athletic de Bilbao.
Selección uruguaia
Foi 11 veces internacional coa selección uruguaia, coa que debutou en 1947 nun partido da Copa América ante Colombia en Guayaquil, encontro no que marcou o primeiro dos seus 6 goles coa selección. Tres anos despois formou parte do equipo uruguaio no Mundial de 1950 no Brasil. Con todo, non chegou a debutar no torneo, no que a súa selección se proclamou campioa mundial ao derrotar á selección brasileira no Maracanazo.
Como adestrador
Despois de colgar as botas desenvolveu unha carreira como adestrador, dirixindo a equipos de varios países. Entre eles, adestrou en varias etapas o Deportivo Galicia de Caracas, co que gañou dúas veces a liga de Primeira División de Venezuela,
Faleceu o 27 de marzo de 1998.[3]
Palmarés
Como futbolista
- Peñarol
- Real Madrid
- Selección uruguaia
Como adestrador
- Deportivo Galicia
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas