O Juliana Top (Montaña Juliana ou Pico Juliana) é a montaña máis alta do Suriname, localizada no distrito de Sipaliwini. Ata a independencia do Suriname dos Países Baixos no 1975, o Juliana Top era o pico máis alto do Reino Neerlandés.
Posúe unha altura de 1280 m[1] e está situado no centro das Montañas Wilhelmina.
A montaña foi nomeada así pola daquela princesa neerlandesa Xiana dos Países Baixos.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos