Julia Rodríguez-Maribona|
Nacemento | 12 de novembro de 1923 Avilés, España |
---|
Morte | 16 de marzo de 2005 (81 anos) Neuchâtel, Suíza |
---|
|
Ocupación | enfermera e inventora |
---|
Julia Rodríguez-Maribona, nada en Avilés o 12 de novembro de 1923 e finada en Neuchâtel (Suíza) o 16 de marzo de 2005, foi unha enfermeira española considerada a inventora da fregona xunto coa súa nai Julia Montoussé Frages.[1][2]
Traxectoria
Julia Rodríguez é filla de Julia Montoussé e o industrial José Maribona. Na década dos oitenta, emigrou a Suíza onde coñeceu ao seu segundo marido, Albert, e exerceu como enfermeira. Morreu de leucemia na cidade suíza de Neuchatel o 16 de marzo de 2005.[3]
Rodríguez e a súa nai deseñaron un dispositivo de limpeza que combinaba cubo, pau e trapo, que posteriormente foi coñecido como fregona. Por este invento, obtiveron en 1953 o modelo de utilidade (un tipo de dereito que se concede a unha invención e que impide a terceiros utilizar comercialmente a invención protexida, sen a súa autorización) nº 34.262, co título "Dispositivo acoplable a toda clase de recipientes tal como baldes, cubos, caldeiros e similares, para facilitar o fregado, lavado e secado de pisos, chans, corredores, zócolos e locais en xeral".[1][4]
O deseño foi adquirido pola fábrica de artigos de uso doméstico Manufacturas Rodex, do enxeñeiro Manuel Jalón, ao que si se lle outorgou o recoñecemento do invento pola patente de invención nº 298.240 en 1964, once anos despois.[5] Rodríguez e Montoussé seguen sen ser recoñecidas como inventoras da fregona debido a esa diferenza xurídica entre modelo de utilidade e patente de invención.[6]
Notas