Juana de la Merced Trinidad, nada en 1815 e finada en 1860, tamén coñecida como Juana Saltitopa, foi unha activista e militar dominicana que tivo unha participación destacada na guerra pola independencia dominicana, concretamente na batalla do 30 de marzo de 1844 en Santiago de los Caballeros. Descoñécese a data exacta do seu nacemento e morte. A súa actitude de audacia e valentía valeulle o alcume de "La Coronela".[1]
Orixe
Juana Saltitopa naceu na comunidade de Jamo, en Concepción de la Vega. Foi unha rapaza extravertida e enérxica, á que lle gustaba subir ás árbores e saltar de póla en póla. De aí que gañase o alcume de "Saltitopa".[2]
Notas