Juan de la Cosa (barco)
|
O Juan de la Cosa en Vigo, 2008
|
Historial
|
|
Características xerais
|
O Juan de la Cosa é un buque hospital de manufactura española, utilizado polo Instituto Social da Mariña, dependente do Instituto Nacional da Seguridade Social. O seu distintivo de chamada é ECJE e o seu número IMO é 9328156. Foi fabricado nos estaleiros Factorías Juliana de Xixón e botado ao mar no ano 2006. Recibe o nome de Juan de la Cosa, para homenaxear o cartógrafo e navegante cántabro.
O Juan de la Cosa é o segundo barco deste tipo en España, tras o barco Esperanza del Mar. Este barco ten como cometidos principais o de asistir á frota pesqueira, aos mariñeiros mercantes e prestar apoio técnico e loxístico aos buques situados nas súas proximidades.
Véxase tamén
Ligazóns externas