Juan Otero Maestú|
Nacemento | 1895 (129/130 anos) |
---|
|
Ocupación | xornalista |
---|
Juan Otero Maestú, nado en 1895, foi un poeta e xornalista galego.
Traxectoria
Soldador. Emigrou a Nova York. Dono da taberna O Nicho na Illa de Arousa. Foi líder da Sociedad de Oficios Varios da Illa afiliada á UGT. Correspondente na Illa do semanario socialista pontevedrés La Hora, publicou algúns poemas en ¡¡Revolución!! e tamén colaborou en El Obrero de Ferrol. Afiliouse ao PSOE e formou parte da agrupación socialista da Illa creada o 23 de xaneiro de 1932.[1] Na súa taberna proclamouse a República Federal da Illa de Arousa, da que foi nomeado ministro de propaganda. Durante o período inmediato á Guerra Civil formou parte dos sindicatos falanxistas e despois do Sindicato Vertical. A finais dos anos cincuenta foi correspondente de El Pueblo Gallego na Illa.
A partir dun dos seus poemas Tonhito de Poi creou o tema "Maruja da cansela".
Vida persoal
Casou con Teresa Dios Suárez.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas