Juan Manuel López Barreira, nado en Lantaño (Portas), é un político galego.
Traxectoria
Correspondente de Faro de Vigo en Portas.[1] Nas eleccións municipais de 1987 encabezou a candidatura do CDS en Portas e foi elixido alcalde como cabeza de lista máis votado, gobernando inicialmente con apoios puntuais dos outros grupos e posteriormente en coalición cos socialistas. Nas municipais de 1991 encabezou a candidatura de Independentes Parroquias Unidas de Portas (PUP) e foi reelixido alcalde co apoio do PSdeG-PSOE, co cal formou un goberno de coalición. Ó ano seguinte, tralo abandono do goberno do candidato tránsfuga do PSdeG, José Antonio Gómez Iglesias, o PPdeG presentou unha moción de censura co apoio deste e o 15 de maio de 1992 foi desbancado da alcaldía. Ó pouco tempo renunciou como concelleiro e afastouse da primeira liña política. No 2015 formou parte, como independente e suplente, da candidatura de unidade de forzas progresistas que concorreu baixo o paraugas do BNG.[2]
Notas
Véxase tamén
Outros artigos
Ligazóns externas