Juan Magdalena García

Modelo:BiografíaJuan Magdalena García

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacementoc. 1900 Editar o valor en Wikidata
Pontevedra, España Editar o valor en Wikidata
Morte10 de setembro de 1936 Editar o valor en Wikidata (35/36 anos)
Lérez, España Editar o valor en Wikidata
Causa da mortepaseo Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico Editar o valor en Wikidata

Nomes e Voces: 8136


Juan Magdalena García, nado en Pontevedra e finado en Lérez o 10 de setembro de 1936, foi un político galego.

Traxectoria

Veciño de Cerponzóns, liderou o movemento agrario da parroquia e foi presidente da sociedade de agricultores. Foi contador da Federación Agraria Municipal de Pontevedra (1922) e xunto con Valentín Rey, viaxou a Madrid representando á federación agraria no concurso nacional de agricultura de 1926. Elixido presidente da Federación Agraria Comarcal de Pontevedra en 1931, actuou como vicepresidente da mesa no Congreso de Lavadores de maio de 1932 no que se aprobaron os estatutos da federación agraria provincial. Foi membro da comisión inspectora de contas da cooperativa de consumo Nueva Economía da Caixa Rural de Lérez.

Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 ao decatarse de que era buscado polas autoridades golpistas, presentouse no cuartel da Garda Civil o 7 de agosto. Foi detido e ingresou no cárcere a disposición do xuíz instrutor. Foi paseado e apareceu morto e salvaxemente torturado no lugar da Gándara o 10 de setembro. A súa familia foi perseguida: os seus irmáns Severino e Ángel Magdalena García, a irmá Mercedes e o seu cuñado Constante Estévez cos seus fillos, exiliáronse na Arxentina; outra irmá, Josefina, taberneira, soportou o acoso e as requisas de gardas cívicos e falanxistas.

Vida persoal

Casou con Dolores Castro Ruibal.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía