Juan José Basoa Díaz, nado en Neda o 20 de xuño de 1907 e finado en Ferrol o 20 de setembro de 1936, foi un mecánico galego.
Traxectoria
Fillo de Juan Antonio Basoa García e María Díaz Veiga, emigrou coa familia a Nova York moi novo. Foi piloto, mecánico e boxeador. Casou en 1930 con Ana Pazos Yáñez e instalouse en Neda. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido o 15 de setembro e pasado polas armas o 20 de setembro.
Véxase tamén
Bibliografía
- Basoa Navarro, Sandro A. (2012). "¿Por qué mataron a mi bisabuelo?". Revista de Neda. Anuario Cultural do Concello de Neda (15): 109–114.