João Gil Dias, nado en Vila Franca de Xira o 15 de xuño de 2001, é un futbolista portugués que xoga de defensa central no Rayo Majadahonda, da Primeira División RFEF.
Traxectoria
Formouse como futbolista nas canteiras do Estoril Praia e do Mafra do seu país, antes de chegar ao fútbol español en 2022, como novo xogador do Manchego, da Segunda División RFEF.[1] Despois de só media tempada no club manchego, en xaneiro de 2024 asinou como novo xogador do Rayo Majadahonda, da Primeira División RFEF.[2]
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas