José Salgado Codesido

Modelo:BiografíaJosé Salgado Codesido
Biografía
Nacemento1887 Editar o valor en Wikidata
Melide, España Editar o valor en Wikidata
Morte8 de outubro de 1953 Editar o valor en Wikidata (65/66 anos)
Grobas, España Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónmédico, político Editar o valor en Wikidata
Familia
IrmánsManuel Salgado Codesido Editar o valor en Wikidata

José Salgado Codesido, nado en Melide en 1887 e finado en Grobas o 8 de outubro de 1953, foi un médico e político galego.

Traxectoria

Estudou medicina na Universidade de Santiago de Compostela licenciándose en 1910.[1] Foi médico municipal de Melide.[2] Propietario de varios muíños eléctricos na parroquia de Branzá e do salto hidroeléctrico Montefurado en Viñós. Na ditadura de Primo de Rivera foi membro da Unión Patriótica e deputado provincial dende 1926.[3] En 1930 foi elixido vogal da Cámara da Propiedade Rústica da provincia da Coruña.[4] Na República foi dirixente da Unión Regional de Derechas de Melide, da que era presidente en xaneiro de 1936.[5] A principios de xullo de 1936 foi vítima dun atentado, ao estalar unha bomba na súa casa de Grobas, sen que se producise ningún ferido.[6] Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 trasladouse a Viana do Castelo, onde agardou acontecementos, regresando a Arzúa en 1937. Finou en Grobas o 8 de outubro de 1953.[7]

Vida persoal

Casou con Manuela Rodríguez Cotón, que finou en 1937, e foi pai de Pilar, José, Concepción, Leandro e Manuel Salgado Rodríguez.[8]

Notas

  1. El Eco de Santiago, 8-6-1910, p. 2.
  2. El Eco de Santiago, 3-5-1913, p. 2.
  3. El Ideal Gallego, 1-7-1926, p. 1.
  4. El Eco de Santiago, 25-1-1930, p. 2.
  5. La Voz de Galicia, 29-1-1936, p. 2.
  6. La Voz de la Verdad, 15-7-1936, p. 5.
  7. El Ideal Gallego, 9-10-1953, p. 8.
  8. El Ideal Gallego, 4-1-1938, p. 4.

Véxase tamén

Bibliografía