José Ramón Rego Martínez, nado en Mondoñedo en 1919 e finado na Coruña en 1996, foi un político galego.
Traxectoria
Secretario da Administración de Xustiza, foi secretario da Audiencia Provincial de Lugo. Foi Presidente da Deputación de Lugo entre 1962 e 1963 e procurador en Cortes en representación da Deputación.