José Ramón Peón Pérez, nado en 1942, é un político galego do PPdeG
Traxectoria
Funcionario de profesión. Nas eleccións municipais de 1983 foi elixido alcalde de Oza dos Ríos pola Coalición Popular. Repetiu como alcalde en 1987 por AP e a partir de 1991 polo PPdeG nas sucesivas convocatorias electorais, sempre con maioría absoluta. En 2011 foi substituído como candidato do PPdeG polo seu xenro José Pablo González Cacheiro. Continuou como concelleiro en Oza e asesor do alcalde, e foi contratado como asesor na Deputación da Coruña[1].
Notas
Véxase tamén
Outros artigos
Ligazóns externas