José María de Orbe y Elío, nado en Irún en setembro de 1776 e finado en Bordeos o 21 de xullo de 1850, foi o III marqués de Valde-Espina, militar e político vasco.
Biografía
Naceu no Palacio de Arbelaiz, proveniente de familias da nobreza biscaíña e guipuscoana. Foi combatente na guerra da Convención e na Guerra da Independencia Española, ámbalas dúas contra os franceses. O goberno liberal desterrouno pola súa vinculación cos realistas.
Foi representante do señorío de Biscaia nas Cortes en varias ocasións. Á morte de Fernando VII seguiu a causa do pretendente ó trono don Carlos, a quen proclamou na deputación de Biscaia. Cando don Carlos chegou a España tras a súa fuxida a Portugal e posterior viaxe a Inglaterra, nomeouno brigadier de infantaría e membro da Xunta Consultiva. En 1838, pouco antes do pacto de Bergara obtivo o grao de Mariscal de Campo ademais de ser nomeado ministro da Guerra e I duque da Confianza.
Contrario á firma do Convenio de Bergara, participou en intrigas en favor da continuación da guerra e viuse obrigado a exiliarse en Francia, onde faleceu en 1850.
Véxase tamén
Outros artigos
Bibliografía
- PIRALA y CRIADO, Antonio. Vindicación del general Maroto y manifiesto razonado de las causas del Convenio de Vergara. Urgoiti editores, Pamplona 2005. ISBN 84-933398-8-1