José María Ramil Soneira

Modelo:BiografíaJosé María Ramil Soneira
Biografía
Morte27 de abril de 2014 Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónmédico, arqueólogo Editar o valor en Wikidata

BUSC: ramil-soneira-jose-maria

José María Ramil Soneira, finado o 27 de abril de 2014 en Vilalba, foi un médico e arqueólogo galego que fundou e dirixiu o Museo de Prehistoria e Arqueoloxía de Vilalba.[1]

Traxectoria

O doutor Ramil exerceu a medicina en Vilalba. Durante uns anos estivo vinculado ao Servizo de Radioloxía da Seguridade Social en Lugo.[1]

Traballos en arqueoloxía

As prospeccións levadas a cabo por José Ramil Soneira nos municipios de Vilalba, Xermade e Muras representaron unha absoluta novidade no panorama da prehistoria do noroeste da Península Ibérica. Definitivamente quedara aberto o camiño ao coñecemento do poboamento Galicia no plistoceno, rompendo coas vellas concepcións historiográficas grazas á súa investigación arqueolóxica sistemática aplicada á busca e estudo de depósitos ao aire libre. Este meritorio labor foi recoñecido en 1971 coa concesión, pola Real Academia Galega, do premio Federico Maciñeira. En adiante, compartiu os seus traballos cos profesores Carlos Alonso del Real e José Manuel Vázquez Varela.[2]

Disipada a dúbida sobre a presenza do home no paleolítico superior en Galicia, os problemas vanse centrar agora nas específicas características dunha realidade conformada por depósitos ao aire libre con secuencia estratigráfica edáfica, ausencia de restos óseos e dominio de minerais do grupo do cuarzo distintos ao sílex entre as materias primas líticas utilizadas. Cuestións que haberían de ocupar aos investigadores durante un tempo. Pena Grande, Vidal I, Pena Grande de Férvedes ou Dúas Nenas son algúns deses primeiros depósitos ao aire libre con industrias ás que se recoñece a súa relación coas fases máis avanzadas do magdaleniano cantábrico ou cos complexos industriais adscritos ao aziliano nesa rexión.[2]

Algunhas publicacións

  • 1976: "Cuatro yacimientos prehistóricos con industrias líticas en la provincia de Lugo", en Gallaecia n.º 2.[3] En colaboración con J. M. Vázquez Varela.
  • 1976: "Tres túmulos megalíticos con grabados en el término municipal de Villalba (Lugo), Gallaecia n.º 2. En colaboración con J. M. Vázquez Varela e J. Vidal Rodríguez.
  • 1979: Enterramiento en Cista de la Edad del Bronce de "O Cubillón", Xermade (Lugo). Museo de Pontevedra. En colaboración con José Manuel Vázquez Varela.
  • 1992: "Estudio paleobotánico del yacimiento epipaleolítico de Xestido III (Abadín, Lugo)", en Gallaecia n.º 13. En colaboración con Pablo Ramil Rego.
  • 1992: "Conjunto lítico de Sarello (Serantes). Rasa litoral cantábrica". Gallaecia 13. En colaboración con Roberto Pena Puentes.
  • 1996: "La evolución bioclimática y sus consecuencias". Gallaecia n.º 14-15. En colaboración con A. Pérez Alberti.

Publicación póstuma

No Museo de Prehistoria e Arqueoloxía de Vilalba, que José Ramil fundara, presentouse o 13 de abril de 2016 o libro Louselas (Ribadeo, Lugo). Los inicios del poblamiento humano en la región cantábrica, un estudo que comezara tres décadas atrás coas investigacións do médico e gran investigador, ademais de promotor do museo vilalbés, e que continuou o seu fillo, Eduardo Ramil Rego, actual director do centro,[4] que constitúe a Monografía nª 6 das que publica o devandito Museo.

Recoñecementos

Notas

  1. 1,0 1,1 Mañana se oficiará en Santa María de Vilalba el funeral de entierro de José Ramil Soneira. Diario La Voz de Galicia, 27 de abril de 2014.
  2. 2,0 2,1 "Hoxe xa ninguén pon en dúbida que a nosa historia en época pleistocena, seguiu as liñas do acaecido no noso ámbito". Relatorio de José César Llana Rodríguez, profesor titor do Centro Asociado UNED A Coruña, 25 de febreiro de 2014.
  3. Gallaecia é unha revista editada polo Departamento de Historia e Arqueoloxía da USC desde 1975.
  4. "Presentan el libro póstumo de José Ramil Soneira", artigo en El Pregreso, 14 de abril de 2016 (en castelán).
  5. RESOLUCIÓN do 7 de xuño de 2000 pola que se concede a Medalla de Galicia nas súas categorías de prata e bronce. DOG, 8 de xuño de 2000.