José María Pardo Montenegro Cordal|
Nacemento | 1 de marzo de 1824 Vilalba, España |
---|
Morte | decembro de 1899 (75 anos) |
---|
|
Ocupación | político |
---|
José María Pardo Montenegro Cordal, nado en Rioaveso (Vilalba) o 1 de marzo de 1824[1] e finado en Mondoñedo en decembro de 1899[2], foi un avogado e político galego.
Traxectoria
Estudou a segunda ensinanza e un ano de Teoloxía no Seminario de Mondoñedo. Marchou á Habana en 1843, onde ingresou na administración civil, sendo oficial na Aduana marítima. Traballou despois no Tribunal de Contas da illa. En 1864 regresou a España e ao ano seguinte foi nomeado auxiliar do Ministerio da Gobernación. Rematou a carreira de Dereito na Universidade Central de Madrid en 1868. Durante o Sexenio Democrático regresou a Galicia. Na Restauración foi elixido deputado provincial e deputado a Cortes polo distrito de Lugo nas eleccións de 1879. Fundou e dotou o Asilo de Mondoñedo.
Notas