José María Gayoso de la Fuente, nado en Doade (Sober), foi un político galego.
Traxectoria
Foi elixido concelleiro de Sober en 1931, encadrado no PSOE. Logo da destitución do anteriro alcalde, foi nomeado alcalde de Sober polo gobernador civil o 16 de decembro de 1932.[1] Foi dirixente da Sociedade "Trabajadores de la Tierra" de Doade encadrada na UGT. Foi detido a principios de outubro de 1934 pola folga xeral revolucionaria de 1934.[2] En febreiro de 1936 foi procesado por tenencia de armas de fogo. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi procesado en xullo de 1937 con José Rodríguez Páramo por malversación de caudais, e finalmente absolto.
Notas
- ↑ La Voz de Galicia, 21-12-1932, p. 6.
- ↑ El Pueblo Gallego, 3-11-1934, p. 11.
Véxase tamén
Ligazóns externas