José Manuel Piñeiro Amigo, nado en Cambados o 27 de maio de 1938 e finado o 1 de xuño de 2021, foi un avogado e político galego.
Traxectoria
Licenciouse en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela en 1961. Graduado Social (1963). Secretario da administración local, foi secretario dos concellos de Teo, Ordes (1968), da Mancomunidade de concellos da Comarca de Ordes e da Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP). Pertenceu ao Partido Gallego Independiente, formación centrista que se integraría na UCD. Foi elixido deputado do Congreso por UCD pola provincia da Coruña na lexislatura constituínte (1977-1979). Volveu ser elixido deputado na I lexislatura (1979-1982). Nas eleccións de 1982 presentouse pola refundada Agrupación Electoral Galega Independente pero non saíu elixido.
Véxase tamén
Ligazóns externas