José Manuel Pierres Martínez, nado en Priegue (Nigrán) en 1934 e finado en Marín o 11 de setembro de 2007,[1] foi un político galego.
Traxectoria
Fillo do mestre José Pierres Castellanos, que estaba destinado en Priegue no momento do seu nacemento. En Arbo recibiu formación de latín por parte do párroco e formación integral da man do seu pai. De mozo comezou estudos de dereito, pero axiña se decantou pola enxeñaría industrial. Traballou como empregado de banca.
Nas primeiras eleccións democráticas foi elixido alcalde de Marín polo PSdeG-PSOE. Foi substituído en 1981 por José Emilio Esperón Rodríguez. Nas municipais de 1987 volveu ser elixido alcalde. Despois foi concelleiro de Urbanismo, Obras, Parques e Xardíns. Entre os logros da súa administración atópanse os edificios dos Xulgados e a Comisaría, o Museo Manuel Torres, a Residencia da Terceira Idade, vivendas sociais, a reforma do estadio de San Pedro, e a rehabilitación da Granxa de Briz.[2]
Vida persoal
Casou con María Luisa López Paz, e foi pai de Iván e María Luisa Pierres López.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos
Ligazóns externas