José Germán Fernández

Modelo:BiografíaJosé Germán Fernández

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento5 de febreiro de 1886 Editar o valor en Wikidata
Ribadavia, España Editar o valor en Wikidata
Morte3 de decembro de 1936 Editar o valor en Wikidata (50 anos)
cemiterio de Boisaca, España Editar o valor en Wikidata
Causa da mortepena de morte, ferida por arma de fogo Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónmilitar, político Editar o valor en Wikidata

Nomes e Voces: 4279

José Germán Fernández, nado en Ribadavia o 5 de febreiro de 1886 e finado en Santiago de Compostela o 3 de decembro de 1936, foi un político galego.

Traxectoria

Suboficial de Infantaría retirado do Exército pola Lei Azaña. Dirixente do Centro Republicano Federal de Izquierda Republicana do que foi nomeado secretario xeral en xaneiro de 1936[1]. Logo do triunfo do Fronte Popular foi xestor do concello de Santiago de Compostela. Elixido primeiro tenente de alcalde, logo da dimisión de Ánxel Casal foi nomeado alcalde da cidade, cargo que ocupou ata o golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 e formou parte do Comité Executivo de Defensa da República presidido por Fernando Barcia Veiras. Foi detido pola Garda civil aos poucos días e encarcerado no Pazo de Raxoi. Xulgado en consello de guerra e acusado de traizón, foi condenado a morte. Foi executado no cemiterio de Boisaca o 3 de decembro de 1936.

Vida persoal

Casou con Teresa Sánchez.

Notas

  1. El Pueblo Gallego, 22-1-1936, p. 12.

Véxase tamén

Bibliografía

  • Paz Cabo, Miguel (2020). Ed. Alvarellos. ¡Viva la libertad! La silenciada historia del maestro Fernando Barcia en el Santiago de la Segunda República. Santiago de Compostela. ISBN: 978-84-16460-73-1.
  • Lamela García, Luis (2005). 1936, la 'Cruzada' en Compostela. La guerra civil y la represión franquista en los documentos policiales y militares. Sada: Do Castro. p. 272. ISBN 84-8485-186-9.