José Gallego Nogueira

Modelo:BiografíaJosé Gallego Nogueira
Biografía
Nacementoc. 1899 Editar o valor en Wikidata
Cangas, España Editar o valor en Wikidata
Morte27 de xullo de 1937 Editar o valor en Wikidata (37/38 anos)
Pontevedra, España Editar o valor en Wikidata
Causa da mortepena de morte, ferida por arma de fogo Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónfuncionario, político Editar o valor en Wikidata

José Gallego Nogueira, coñecido como O neno da Camiña, nado en Cangas cara a 1899 e finado en Pontevedra o 27 de xullo de 1937, foi un funcionario e político galego.

Traxectoria

Garda de Arbitrios do concello de Cangas. Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido. Xulgado en consello de guerra en Pontevedra por rebelión militar o 12 de maio de 1937 con Antonio Fernández Fernández, Agustín Sanjuán Sansinenea, José Mejuto Bernárdez, José Meis Martínez, Gumersindo Gastiasoro, Germán Chapela Leiro e Ángel Martínez Fandiño, foi condenado a pena de morte. Foi executado na Caeira (Poio) con Antonio Fernández, José Mejuto e José Meis o 27 de xullo de 1937.[1][2]

Notas

  1. "Cumplimiento de Sentencia". El Diario de Pontevedra. 27/07/1939. p. 2. Consultado o 19/06/2023. 
  2. "Noticias". El Compostelano. 28/07/1937. Consultado o 19/06/2023. 

Véxase tamén

Bibliografía