José Fariña González, nado en Pontevedra e finado en Valencia en 1937[1], foi un militar galego.
Traxectoria
Tipógrafo nos talleres de La Correspondencia Gallega. Como soldado participou na campaña de Filipinas e ascendeu a tenente. Ao rematar a guerra volveu a Pontevedra[2]. Foi director da Escola Militar Patria que funcionou en Pontevedra e xefe dos exploradores de Pontevedra. Despois foi xefe dos Centros de Movilización de Calatayud e Valladolid. En 1935 foi nomeado xeneral de Brigada e concedéronlle a Gran Cruz da Orde do Mérito Militar con distintivo branco. Morreu en Valencia de morte natural en 1937, pero a propaganda franquista afirmaba que fora asasinado polo goberno republicano[3].
Vida persoal
Casou con Regina Cobián Tejo en 1899[4] e foi pai de Herminia Fariña, Josefina Fariña Cobián e Ramón Fariña Cobián.
Notas