José Casal Fernández, nado en Vilaboa o 24 de agosto de 1906 e finado o 18 de decembro de 1984, foi un carpinteiro, sindicalista e político galego.
Traxectoria
Carpinteiro de ribeira, dirixente das mocidades socialistas de San Adrián e directivo da Sociedad de Agricultores e da Sociedad de Obreros de Construción Naval, afecta á UGT. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi obrigado a presentarse no cuartel da Garda Civil de Moaña. Detido o 8 de setembro de 1936 foi xulgado en Pontevedra por auxilio á rebelión co seu irmán Belarmino e o seu curmán Rogelio Calvar Casal, foron condenados a cadea perpetua. Preso primeiro na illa de San Simón, foi trasladado ao Forte de San Cristovo (Pamplona), onde permaneceu ata setembro de 1940, cando saíu en liberdade provisional. Deixou un diario manuscrito do seu paso por San Simón e Pamplona.[1]
Vida persoal
Casou con Casilda Rosendo, e foi pai de Democracia Casal Rosendo, que en 1936 foi bautizada como Lucrecia Casal Rosendo.[2]
Notas
Véxase tamén
Bibliografía