José Camilo Soto Losada

Modelo:BiografíaJosé Camilo Soto Losada
Biografía
Nacemento1876 Editar o valor en Wikidata
Maside, España Editar o valor en Wikidata
Morte1952 Editar o valor en Wikidata (75/76 anos)
Vilanova dos Infantes, España Editar o valor en Wikidata
Alcalde de Taboadela
31 de xaneiro de 1924 – 1925 Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónmestre, político Editar o valor en Wikidata
Membro de
Familia
FillosLuís Soto Editar o valor en Wikidata

José Camilo Soto Losada, nado en Maside en 1876 e finado en Vilanova dos Infantes en 1952, foi un mestre e político galego.

Traxectoria

Cando o seu pai, Manuel Soto Fernández, militar, foi destinado a Celanova, trasladouse coa familia. Foi contable dunha familia de terratenentes e despois estivo empregado na Tabacaleira de Celanova.[1] Fíxose mestre e exerceu en Salriago de Olveira (1911),[2] San Pedro de Laroá (Xinzo de Limia),[3] Proente (A Merca) en 1913,[4] Castromao (por consorte en 1916)[5] e San Fiz (Soutomaior, Taboadela). Na ditadura de Primo de Rivera foi nomeado alcalde de Taboadela o 31 de xaneiro de 1924.[6] Foi elixido membro da xunta asesora da Unión Patriótica de Taboadela en 1927.[7] Despois foi mestre en Viso-Canedo, permutando para Oxén (Sobreira, Vilamarín) en maio de 1935.[8] Membro da Asociación de Trabajadores de la Enseñanza de Orense

Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi cesado e destituído como mestre a principios de agosto por ser un dos dirixentes da ATEO.[9] Foi detido en Tamallancos e estivo preso en Ourense. Trasladado ao cárcere de Celanova, permaneceu detido até novembro de 1936. Como resultado do proceso de depuración foi sancionado coa separación definitiva do servizo e baixa na escala en 1940.[10] Foi vivir de alugueiro a unha casa en Vilanova e despois instalouse en Celanova. Viviu de facer traballos, algúns como procurador.

Vida persoal

Casou coa mestra de Vilanova dos Infantes Sara Fernández Salgado, e foi pai de Luís, Inés, Sara, Celia, Marina e Xulio Soto Fernández

Notas

  1. El Miño, 11-8-1908, p. 1.
  2. El Magisterio Español, 19-10-1911, p. 13.
  3. El Magisterio Español, 14-12-1911, p. 13.
  4. El Magisterio Español, 14-8-1913, p. 16.
  5. El Magisterio Español, 3-10-1916, p. 15.
  6. La Zarpa, 5-2-1924, p. 2.
  7. La Región, 6-2-1927, p. 1.
  8. El Pueblo Gallego, 15-5-1935, p. 4.
  9. El Pueblo Gallego, 4-8-1936, p. 7.
  10. La Región, 8-5-1940, p. 4.

Véxase tamén

Bibliografía

Ligazóns externas

Predecesor:
?
 
Alcalde de Taboadela
 
1924 - 1925
Sucesor:
?