José Alfonso Osorio Rodríguez, coñecido como Catuxo, nado en Paradela (Barral, Castrelo de Miño) o 6 de xaneiro de 1904 e finado no mesmo lugar o 18 de abril de 1975, foi un comerciante e político galego.
Traxectoria
Militante de Unión Republicana. En xullo de 1936 era alcalde de Castrelo de Miño. Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 pasouse á zona leal. Ao rematar a guerra foi detido e xulgado en Ourense por auxilio á rebelión na causa 755/39. Foi condenado a 12 anos e 1 día de prisión o 4 de marzo de 1942. Abríronlle expediente de responsabilidades políticas e foi declarado exento.
Vida persoal
Casou coa mestra nacional Luisa Novoa Vázquez, con quen tivo tres fillos: José Alfonso, María Luisa e David Adolfo.
Véxase tamén
Ligazóns externas