José Taboada Zúñiga, nado en Monforte de Lemos cara a 1886 e finado no mesmo concello en maio de 1966, foi un avogado e político galego.
Traxectoria
Fillo de José Taboada Rodríguez Varela de Temes e Paz Zúñiga Laporte, foi o herdeiro do pazo de Tor. Estudou no Colexio dos xesuítas de Camposancos. Licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela en 1908.[1] Foi nomeado concelleiro de Santiago de Compostela en 1927.[2] Finou en Monforte de Lemos a principios de maio de 1966 con 79 anos.[3]
Vida persoal
Casou en 1909 con María de Andrés García Cuenca, e foi pai de María de la Paz e Fernando Taboada de Andrés.[4]
Notas
- ↑ La Noche, 7-7-1958, p. 2.
- ↑ Heraldo de Galicia, 20-10-1927, p. 3.
- ↑ El Progreso, 11-5-1966, p. 7.
- ↑ El Ideal Gallego, 7-3-1931, p. 5.
Véxase tamén
Ligazóns externas