José Sánchez Vilas, nado en Carballo en 1932 e finado no mesmo concello o 11 de abril de 2020[1], foi un empresario e político galego que foi alcalde de Carballo entre 1979 e 1991.
Traxectoria
Foi o primeiro alcalde da actual etapa democrática na vila carballesa, sendo elixido en tres lexislaturas consecutivas con distintos partidos políticos: UCD (1979-1983), Coalición Popular (1983-1987) e Coalición Progresista Galega (1987-1991). Nos comicios de 1991 preséntase polo Partido Popular de Galicia, deixando a alcaldía a favor de Manuel Varela Rey. Presentaríase por última vez ás eleccións no ano 1995 co partido independente AEIC. Asemade, é considerado un dos principais impulsores do desenvolvemento industrial de Carballo como promotor do primeiro polígono industrial de Bértoa.[2]
Vida persoal
Casou con Mary Navaza Lorenzo.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos