Para outras páxinas con títulos homónimos véxase:
José Romero.
José Romero Becerra, nado en Xinzo de Limia o 20 de agosto de 1930 e finado no mesmo concello o 13 de decembro de 2006,[1] foi un avogado e político galego.
Traxectoria
Licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela en 1962. Foi Administrador da Tabacalera en Xinzo de Limia. Foi concelleiro e primeiro tenente alcalde de Xinzo de Limia. Foi elixido parlamentario pola provincia de Ourense nas primeiras eleccións autonómicas por UCD. Integrado en Coalición Galega, volveu ser elixido parlamentario autonómico nas autonómicas de 1985.
Notas
- ↑ La Región, 14-12-2006, p. 69.
Véxase tamén
Bibliografía