José Romão Martenetz, nado o 7 de febreiro de 1903 en Lviv[1] e finado o 23 de febreiro de 1989 en Curitiba,[1] foi un eclesiástico católico ucraíno brasileiro, 1º bispo de San Xoán Bautista en Curitiba entre 1971 e 1978.
Traxectoria
Aínda que naceu en Ucraína, trasladouse moi novo cos seus pais ao Brasil. Estudou en Roma, e posteriormente foi ordenado sacerdote da Orde Basiliana de San Xosafat[1] o 1 de xaneiro de 1928 por Isaias Papadopoulos.
A partir de 1953 traballou na curia basiliana en Roma, onde dirixiu unha comisión para a publicación da Biblia en lingua ucraína e foi reitor do Pontificio Colexio de San Xosafat.[1]
O 10 de maio de 1958 foi nomeado bispo auxiliar do ordinariato para os católicos orientais no Brasil[1] e bispo titular de Soldaia, recibindo a consagración episcopal o 15 de agosto de 1958 de mans do bispo de Stamford Ambrosii Senyshyn.
O 30 de maio de 1962 foi erixido o exarcado apostólico do Brasil para os ucraínos, e José Romão Martenetz foi nomeado o primeiro exarca.[1] Cando o exarcado foi elevado a diocese, foi nomeado primeiro bispo de San Xoán Bautista en Curitiba. Retirouse o 10 de marzo de 1978.[1] Finou en Curitiba o 23 de febreiro de 1989.
Notas
- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 1,6 Volodymyr Kubiiovych, Danylo Huzar-Struk, ed. (1993). Encyclopedia of Ukraine (en inglés) 3. University of Toronto Press. p. 324. ISBN 9780802039934.
Martynets, Yosyp
|
---|
Exarcas apostólicos do Brasil | |
---|
Bispos de San Xoán Bautista en Curitiba | |
---|
Arcebispos de San Xoán Bautista en Curitiba | |
---|
Bispos coadxutores | |
---|
Bispos auxiliares | |
---|