José Rodríguez Cadarso, nado en Noia en 1893 finado en Cambados en maio de 1951, foi un farmacéutico e político galego.
Traxectoria
Fillo de Jesús María Rodríguez Vázquez e Manuela Cadarso Ronquete, e irmán de Alejandro Rodríguez Cadarso. Estudou Farmacia. Instalouse como farmacéutico en Cambados, onde foi tenente de alcalde durante a ditadura de Primo de Rivera, sendo alcalde Juan Salgado Pérez. Falanxista, foi alcalde de Cambados de 1940 a 1945. Durante esa etapa, xunto co seu irmán Jesús, informou, como autoridade local, das simpatías e militancia republicanas de numerosos veciños, que foron procesados polo réxime franquista. Despois foi inspector farmacéutico municipal. Finou en Cambados a finais de maio de 1951.[1]
Vida persoal
Casou con Eladia Cobas Lojo e foi pai de José Rodríguez-Cadarso Cobas.
Notas
- ↑ El Pueblo Gallego, 3-6-1951, p. 2.
Véxase tamén
Ligazóns externas