José Núñez Núñez

Modelo:BiografíaJosé Núñez Núñez

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento26 de abril de 1858 Editar o valor en Wikidata
O Barco de Valdeorras, España Editar o valor en Wikidata
Morte27 de outubro de 1932 Editar o valor en Wikidata (74 anos)
O Barco de Valdeorras, España Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónmédico, empresario, político Editar o valor en Wikidata

José Núñez Núñez, nado en Viloira (O Barco de Valdeorras) o 26 de abril de 1858 e finado no mesmo concello o 27 de outubro de 1932, foi un médico, empresario e político republicano galego.

Traxectoria

Estudou o bacharelato en León e Medicina na Universidade Central de Madrid, licenciándose en 1883. Fixo o doutoramento en Histoloxía natural e patolóxica (1884) e Análise química (1885). En 1885 conseguiu a praza de médico forense do Barco de Valdeorras. Despois foi médico de Carballeda de Valdeorras. Colleiteiro de viño, dedicouse a combater a filoxera. Militou no Partido Republicano Federal, uniuse a Telesforo Ojea Somoza e Modesto Moyrón Carreras para constituír o grupo republicano de Valdeorras. Colaborou en La Idea, La Voz de Valdeorras, El Miño, La Voz Pública, El Diario de Orense, La Zarpa, La Región e Vida Gallega.

Obras

  • Filoxera y Viticultura moderna, 1897.
  • Viticultura moderna, 1909.

Véxase tamén

Bibliografía

Ligazóns externas