- Para o político republicano fusilado en 1936, véxase Pepe Miñones.
José Miñones Trillo, nado en Vimianzo o 25 de xuño de 1939, é un farmacéutico, profesor universitario e político galego.
Traxectoria
Premio Extraordinario de Doutoramento, bolseiro da Fundación Barrié, da Fundación March, da Embaixada de Francia e do Goberno Francés para estadíias de investigación no Instituto Pasteur e na Universidade de París VI. Foi catedrático da Universidade de Santiago de Compostela, decano da Facultade de Farmacia e director da Escola de Óptica. É Académico numerario da Real Academia Nacional de Farmacia, da Real Academia de Medicina e Cirurxía de Galicia e da Real Academia de Farmacia de Galicia. Foi presidente da CIUG de 1994 a 1999.[1]
Foi concelleiro de Santiago de Compostela e nas eleccións autonómicas de 1985 foi elixido deputado do Parlamento de Galicia por Coalición Popular. Nas eleccións xerais de 2000 foi candidato ao Senado por Democracia Galega.[2]
Recoñecementos
- Placa da Asociación de Farmacéuticos Ópticos.
- Insignia de ouro da Asociación de Antigos Alumnos da Facultade de Farmacia de Santiago.
Vida persoal
Casou con María Mercedes Conde Mouzo. É pai de José Miñones.[3]
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Ligazóns externas