José Martínez Virel, nado en Badaxoz o 14 de marzo de 1902,[1] foi un mestre e político español.
Traxectoria
Fillo de José Martínez García, profesor da Escola Normal de Badaxoz e despois da de Cáceres. En 1933 foi destinado como mestre a Escarabote. Logo do triunfo da Fronte Popular en febreiro de 1936 foi concelleiro en Boiro e primeiro tenente alcalde. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi destituído o 21 de agosto. Foi un dos organizadores da evasión da lancha San José n.º 2 de Cabo de Cruz o 27 de xullo. Desembarcaron no porto de Leixões e foron detidos e recluídos no forte de Caxías. Liberado en agosto, embarcou para Francia e pasou a territorio leal. Declarado fuxido e en rebeldía. Foi capturado e xulgado en consello de guerra en Santiago de Compostela o 20 de setembro de 1940. Condenado, estivo preso na prisión provincial da Coruña. Saíu en liberdade provisional por orde do Ministerio de Xustiza do 31 de maio de 1941.[2] Revisado o seu expediente de depuración logrou, o 31 de agosto de 1960, que a sanción inicial se reducise ao traslado fóra da provincia durante tres anos.
Vida persoal
Casou coa súa curmá Elena Virel Manzano en La Albuera en 1931.[3]
Notas
- ↑ Nuevo Diario de Badajoz, 16-3-1902, p. 2.
- ↑ BOE, 16-6-1941, p. 4368-4371.
- ↑ Correo Extremeño, 30-1-1931, p. 2.
Véxase tamén
Bibliografía