José María Pardo Montenegro Menéndez Valledor, finado en Mondoñedo o 30 de setembro de 1867[1], foi un avogado e político galego.
Traxectoria
Neto de Fernán Sanjurjo de Montenego. Dono do coto de Cochín, do pazo e torre de Terrafeita, da casa de Villamartín e da de Rizal[2]. Foi maxistrado na Audiencia da Coruña (1838), presidente da sala primeira da Audiencia Territorial de Oviedo (1849), maxistrado e presidente da primeira sala da Audiencia de Madrid (1857) e ministro do Tribunal Supremo. Foi elixido deputado por Lugo (1837, 1840), e polos distritos de Vilalba (1846, 1857, 1858, 1863) e Mondoñedo (1851, 1853).
Foi pai de Julia Pardo Montenegro.
Notas
- ↑ La Época, 2-10-1867, p. 3.
- ↑ Vallibria, 18-2-1934, p. 1.
Véxase tamén
Ligazóns externas