José María Montenegro Soto, nado en Mondoñedo en 1868 e finado en Lugo o 7 de xullo de 1934, foi un avogado, político e propietario agrario galego. A súa familia era propietaria de terras en Abadín.
Traxectoria
Estudou cos xesuítas no Colexio dos xesuítas de Camposancos e alcanzou o grao de bacharel en 1884[1]. Nas eleccións a Cortes de 1918 presentou a súa candidatura como maurista polo distrito da Fonsagrada, fronte a Manuel Portela Valladares[2], pero foi derrotado. Na ditadura de Primo de Rivera foi elixido presidente da Deputación de Lugo o 20 de xaneiro de 1924, renunciando ao cargo o 1 de abril de 1925. Nas eleccións xerais de 1933 foi elixido deputado pola provincia de Lugo, por Renovación Española. Foi membro correspondente da Real Academia Galega[3], da Real Academia da Historia e padrón da fundación benéfica docente Institución de la Sagrada Familia, Fundación Pardo Montenegro, creada en Mondoñedo por Julia Pardo Montenegro.
A súa residencia en Lugo estaba situada fronte a fachada principal da catedral, pegada á rampla que dá acceso á Muralla. Actualmente este edificio alberga o vicerreitorado da Universidade de Santiago de Compostela e no terreo adxunto apareceron importantes restos arqueolóxicos da época romana.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas