José María Calveiro Couto, nado en Dornelas (Silleda) en 1891, foi un xornalista e escritor galego.
Traxectoria
Irmán de Adolfo Víctor Calveiro, viviu na súa xuventude en Madrid unha existencia bohemia, e naqueles anos fixo amizade con Emilio Carrere e colaborou con Baltasar Pagés na revista España Nueva. Emigrou a Cuba e residiu na Habana entre 1906 e 1932, exercendo diversos oficios como os de xastre e reloxeiro. Foi membro da Agrupación Artística Gallega.[1] Colaborou en Labor Gallega, onde publicou algúns poemas, e tamén en Alma Gallega, Heraldo de Galicia, Diario de la Marina e Eco de Galicia. Foi correspondente do Diario Español na vila de Caimito (Cuba) e xefe de redaccción de Juvencia,[2] así como director de Atenea. En 1925 publicou o poemario Jardines de ensueño. Foi un dos fundadores da Irmandade Nazonalista Galega da Habana.
En 1932 retornou á súa parroquia natal, Dornelas, aínda que en 1934 residía en Madrid, pero dende aquel ano non se volveu saber máis del.
Obras
- Jardines de ensueño, 1925.
Notas
- ↑ Heraldo de Galicia, 23-5-1920, p. 4.
- ↑ Eco de Galicia, 5-2-1922, p. 3.
Véxase tamén
Bibliografía
Ligazóns externas