José Manuel Rey de Viana

Modelo:BiografíaJosé Manuel Rey de Viana

Monumento a Xosé Manuel Rey de Viana, no Parque das Mercedes, en Ourense.
Biografía
Nacemento1923 Editar o valor en Wikidata
Ourense, España Editar o valor en Wikidata
Morte1995 Editar o valor en Wikidata (71/72 anos)
A Coruña, España Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónbailarín, coreógrafo Editar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeVictoria Canedo Editar o valor en Wikidata


José Manuel Rey de Viana, nado en Ourense en 1923 e finado na Coruña en 1995, foi un bailarín e coreógrafo galego. Foi o fundador xunto coa súa muller, Victoria Canedo, do ballet galego que leva o seu nome.

Traxectoria

Iniciouse con oito anos no baile. Percorreu diversas escolas de danza europeas. En 1949, xunto coa súa muller, tamén bailarina, fundou o Ballet Galego Rey de Viana co obxectivo de dar a coñecer o folclore galego. A súa primeira actuación foi na Coruña en 1955[1].

En 1964 actuou no pavillón español da Feira Mundial de Nova York. En 1971 a dirección do Ballet foi cedida á Deputación da Coruña. Aos 65 anos tivo que xubilarse por esixencia da Deputación facendo unha folga de fame e unha manifestación artística nos xardíns de Méndez Núñez. O Ballet pasou a estar baixo dirección da Xunta[2].

Recoñecementos

Notas