Comezou nesa altura a tese de doutoramento sobre o poeta medieval Johan Airas, dirixida por Constantino García. Tamén iniciou o seu trato e colaboración co profesor Manuel Rodrigues Lapa que duraría ata a morte do sabio portugués. En 1976 presentou a tese (cum laude e premio de doutoramento) e xa era Agregado interino de Filoloxía Galego-Portuguesa no Departamento dirixido por don Ricardo Carvalho Calero. En 1979, por oposición, foi Profesor Adxunto de Lingua e Literatura Portuguesa, materia na que foi catedrático universitario desde 1994 ata a súa xubilación en 2017. Alternou a docencia na USC con diferentes cursos en Lisboa e Coímbra.
Moi vinculado á cultura portuguesa, colaborou en revistas como Agália (formou parte do Consello de Redacción e do Consello Científico[5]), Verba, Cuadernos de Estudios Gallegos, Boletim de Filologia e Revista de Literatura medieval. Os estudos abranguen catro campos:
Estudos filolóxicos medievais: "A propósito de la partícula per, intensiva o perfectiva, en la lengua medieval gallego-portuguesa", "El equívoco como recurso estilístico nuclear en la cantiga d'escarnho de los Cancioneros", "Castelhanismos no galego-português de Afonso X, o Sábio", "Os nomes dos trovadores. Algumhas anotaçons para umha fixaçom possível", "A mulher nos Cancioneiros. Notas para um anti-retrato descortês", "O problema dos limites entre as literaturas galega e portuguesa na época medieval", "O eco de Dom Denis na literatura posterior", "Algumas considerações sobre o espaço nas cantigas de escárnio e de mal dizer", "Mesóclise e ênclise nos futuros (luso-)galegos medievais", "Um precursor de Rocinante nos Cancioneiros? (Notas sobre umha cantiga de Fernam Soarez de Quinhones)", "De Castelhano para Galego-Português: as traduções medievais", "Minorias religiosas e étnicas no Cancioneiro Geral de Garcia de Resende". e “D. Carolina Michaëlis e o texto de escárnio e de maldizer”, “Galiza-Portugal: (neo-)trovadores e questons lingüísticas conexas”. “A primeira literatura galega e o Camiño”.[6]
A historia da lingua galega: "Q(u)alquera, quenquera, sequera..., galeguismo?", "Sobre algumhas formas e locuçons conjuntivas medievais", “Para um perfil das formas de tratamento: vostede/vosté... você", “As formas verbais contractas de P5 no Cancioneiro Geral de Garcia de Resende. Algumas anotações”, “Visões do Outro. O castelhano na óptica dos linguistas portugueses de Quinhentos”.[6]
A relación entre a Galiza e a lusofonía e a ligazón lingüística galego-portuguesa: "A Galiza, <<raiz anterga da nossa cultura>> ou a <<portugaleguidade>> de Rodrigues Lapa". “Para umha Galiza plena na lusofonia, "A Galiza, umha lusofonia na fronteira".
Ricardo Carvlho Calero. Coordinou dous volumes de Estudos dedicados a Ricardo Carvalho Calero, editados pola Universidade e polo Parlamento de Galicia. Ademais: -“Ricardo Carvalho Calero, Gallaecia Magna”, “Ricardo Carvalho Calero, professor na USC”, “O labor universitário de Ricardo Carvalho Calero”.[6]
Desde o final da década de 1970 foi un dos principais defensores, xunto con Carvalho Calero, das teses lusistas e reintegracionistas achegando as súas ideas en múltiples palestras e publicacións.
En 2020 Através Ed. publicou José Luís Rodríguez, nos trilhos da língua: en formato entrevista fai un repaso á súa vida persoal, académica e expón con claridade as súas ideas sobre o reintegracionismo e os problemas que estas lle causaron.[8]
Publicacións
El cancionero de Juan Airas de Santiago:edición y estudio (1980). Universidade de Santiago de Compostela. Anexo XII de Verba. ISBN 84-7191-208-2.
Estudos dedicados a Ricardo Carvalho Calero (ed. lit.) (2000). Parlamento de Galicia: Universidade de Santiago de Compostela, Servizo de Publicacións. 2 vols. ISBN 84-8121-826-X.
Frateschi Vieira, Yara; Rodríguez, José Luis; Morán Cabanas, M. Isabel; Souto Cabo, José António: Glosas Marginais ao Cancioneiro Medieval Galego-Português de Carolina Michaëlis de Vasconcelos. Universidade de Coimbra - Universidade de Santiago de Compostela – Universidade de Campinas, Coimbra 2004, 592 pp.[9]
Caldas, Alcides S.; Rodríguez, José Luís; Vieira, Yara F., Villarino, M. Carmen (eds.): Brasil: 500 anos depois. Deputación Provincial da Coruña, A Coruña 2002, 438 pp.
Da Galiza a Timor: a lusofonia em foco. Actas do VIII Congresso da Associação Internacional de Lusitanistas, Santiago de Compostela, 18 a 23 de Julho de 2005. Carmen Villarino Pardo, Elias J. Torres Feijó, José Luís Rodríguez (eds.). Santiago de Compostela: Serviço de Publicações e Intercâmbio Científico da Universidade de Santiago de Compostela, 2008 (vols. 1 e 2), 2009 (vol. 3).[10]
Notas
↑Ledo, Bieito (Ed.) (2002). Enciclopedia Galega Universal14. Ir Indo. p. 505. ISBN84-7680-302-8.
↑Cañada, Silverio (Ed.) (1974). Gran Enciclopedia Gallega27. GEG. p. 53. ISBN84-7286-215-1.
↑Rodríguez, José Luís (2020). José Luís Rodríguez, nos trilhos da língua. Através Ed. p. 202. ISBN978-84-16545-39-1.