José López Martínez

Modelo:BiografíaJosé López Martínez
Biografía
Nacementoc. 1882 Editar o valor en Wikidata
A Pontenova, España Editar o valor en Wikidata
Morte3 de decembro de 1936 Editar o valor en Wikidata (53/54 anos)
Lugo, España Editar o valor en Wikidata
Causa da mortetuberculose Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónxornaleiro, xornalista, político Editar o valor en Wikidata
Pseudónimo literarioRabadelo Editar o valor en Wikidata

Nomes e Voces: 16636

José López Martínez, coñecido como Rabadelo, nado na Pontenova cara a 1882 e finado en Lugo o 3 de decembro de 1936, foi un xornaleiro, xornalista e político galego.

Traxectoria

Militante socialista e masón, dirixente da Sociedad de Obreros del Ramo de la Construcción y Oficios Varios de Viveiro adscrita á UGT.[1] Sucedeu a Benito Sánchez López na dirección de El Momento de Viveiro. En 1936 era presidente da Agrupación Socialista de Viveiro.

Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido o 25 de agosto e trasladado ao cárcere de Lugo. Encartado na causa 212/26 por "mandar un grupo de marxistas armados o 21 de xullo" con Emilio Timiraos Cervo, José Castro Vázquez e Manuel Rodríguez.[2] Enfermo de tuberculose, foi trasladado ao Hospital o 8 de novembro, onde faleceu o 3 de decembro.

Notas

  1. Vanguardia Gallega, 17-8-1932, p. 2.
  2. BOP Lugo, 31-8-1936, p. 3.

Véxase tamén

Ligazóns externas