José González Vázquez, nado en Ourense en 1970, é un inspector de Facenda e político galego do PPdG, deputado no Parlamento de Galicia pola circunscrición de Ourense e Conselleiro de Medio Rural.
Licenciouse en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela. Ingresou no corpo superior de inspectores de Facenda do Estado en 1997.
Elixido deputado autonómico nas Eleccións ao Parlamento de Galicia de 2020, en setembro de 2021 deixou o escano a canda moitos dos outros deputados que tamén eran conselleiros.[1]